Friday 19 de April de 2024

Un total de 105 centros escolares da provincia da Coruña participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2019-20


Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe

O programa Clubs de Lectura impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional chega este curso a 105 centros escolares da provincia da Coruña. O programa vai dirixido a centros públicos titularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial.

En Galicia están adscritos un total de 245 centros escolares que aglutinan a preto de 12.700 alumnos. E por provincias, ademais dos 105 centros da Coruña, participan 37 centros da provincia de Lugo, 25 de Ourense e 80 da provincia de Pontevedra.

A iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.

Para tal fin, a Consellería destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro que se destina, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

Estes clubs funcionan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

Provincia da Coruña:

Centro Concello Provincia
IES de Viós Abegondo A Coruña
IES do Milladoiro Ames A Coruña
IES Plurilingüe de Ames Ames A Coruña
CPI As Mirandas Ares A Coruña
IES de Pastoriza Arteixo A Coruña
IES de Sabón Arteixo A Coruña
IES Manuel Murguía Arteixo A Coruña
IES de Arzúa Arzúa A Coruña
IES As Mariñas Betanzos A Coruña
IES Francisco Aguiar Betanzos A Coruña
CPI Armando Cotarelo Valledor Boimorto A Coruña
IES Brión Brión A Coruña
CPI As Revoltas Cabana de Bergantiños A Coruña
IES Plurilingüe Pedra da Aguia Camariñas A Coruña
IES Afonso X O Sabio Cambre A Coruña
IES David Buján Cambre A Coruña
IES Isidro Parga Pondal Carballo A Coruña
IES Monte Neme Carballo A Coruña
IES Cabo Ortegal Cariño A Coruña
IES Lamas de Castelo Carnota A Coruña
IES Punta Candieira Cedeira A Coruña
IES Agra de Raíces Cee A Coruña
IES Fernando Blanco Cee A Coruña
CPI Plurilingüe O Cruce Cerceda A Coruña
CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco A Coruña
EOI da Coruña Coruña, A A Coruña
EPAPU Eduardo Pondal Coruña, A A Coruña
IES A Sardiñeira Coruña, A A Coruña
IES Agra do Orzán Coruña, A A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez Coruña, A A Coruña
IES Monelos Coruña, A A Coruña
IES Monte das Moas Coruña, A A Coruña
IES Plurilingüe Adormideras Coruña, A A Coruña
IES Plurilingüe Elviña Coruña, A A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda Coruña, A A Coruña
IES Plurilingüe Rafael Dieste Coruña, A A Coruña
IES Ramón Menéndez Pidal Coruña, A A Coruña
IES Salvador de Madariaga Coruña, A A Coruña
IES Urbano Lugrís Coruña, A A Coruña
IES Eduardo Blanco Amor Culleredo A Coruña
IES Rego de Trabe Culleredo A Coruña
IES Universidade Laboral Culleredo A Coruña
EPAPU de Teixeiro Curtis A Coruña
IES de Curtis Curtis A Coruña
CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón Dodro A Coruña
CPI A Xunqueira Fene A Coruña
IES de Fene Fene A Coruña
EOI de Ferrol Ferrol A Coruña
IES Canido Ferrol A Coruña
IES Concepción Arenal Ferrol A Coruña
IES de Catabois Ferrol A Coruña
IES Ferrol Vello Ferrol A Coruña
IES Ricardo Carballo Calero Ferrol A Coruña
IES Saturnino Montojo Ferrol A Coruña
IES Sofía Casanova Ferrol A Coruña
IES Fin do Camiño Fisterra A Coruña
CPI de Ponte Carreira Frades A Coruña
IES Agra de Leborís Laracha, A A Coruña
CPI Plurilingüe Cabo da Area Laxe A Coruña
IES Urbano Lugrís Malpica de Bergantiños A Coruña
CPI Plurilingüe da Picota Mazaricos A Coruña
IES de Melide Melide A Coruña
CPI Plurilingüe Virxe da Cela Monfero A Coruña
IES As Insuas Muros A Coruña
IES As Telleiras Narón A Coruña
IES Terra de Trasancos Narón A Coruña
IES Xulián Magariños Negreira A Coruña
IES Campo de San Alberto Noia A Coruña
IES María Casares Oleiros A Coruña
IES Miraflores Oleiros A Coruña
IES Nº 1 Ordes A Coruña
IES Plurilingüe Maruxa Mallo Ordes A Coruña
IES Macías o Namorado Padrón A Coruña
IES da Pobra do Caramiñal Pobra do Caramiñal, A A Coruña
IES Eduardo Pondal Ponteceso A Coruña
IES Breamo Pontedeume A Coruña
IES Fraga do Eume Pontedeume A Coruña
IES Moncho Valcarce Pontes de García Rodríguez, As A Coruña
IES Plurilingüe Castro da Uz Pontes de García Rodríguez, As A Coruña
IES Félix Muriel Rianxo A Coruña
IES Leliadoura Ribeira A Coruña
IES Nº 1 Ribeira A Coruña
CPI Plurilingüe dos Dices Rois A Coruña
IES Isaac Díaz Pardo Sada A Coruña
CPI de San Sadurniño San Sadurniño A Coruña
IES Terra de Xallas Santa Comba A Coruña
CEE A Barcia Santiago de Compostela A Coruña
CIFP Politécnico de Santiago Santiago de Compostela A Coruña
EOI de Santiago de Compostela Santiago de Compostela A Coruña
IES A Pontepedriña Santiago de Compostela A Coruña
IES Antonio Fraguas Fraguas Santiago de Compostela A Coruña
IES Arcebispo Xelmírez I Santiago de Compostela A Coruña
IES Arcebispo Xelmírez II Santiago de Compostela A Coruña
IES de Sar Santiago de Compostela A Coruña
IES Lamas de Abade Santiago de Compostela A Coruña
IES Plurilingüe Rosalía de Castro Santiago de Compostela A Coruña
IES de Cacheiras Teo A Coruña
CPI Pecalama Tordoia A Coruña
CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz Touro A Coruña
CPI de Viaño Pequeno Trazo A Coruña
CPI de Bembibre Val do Dubra A Coruña
CPI Plurilingüe de Vedra Vedra A Coruña
IES Terra de Soneira Vimianzo A Coruña
CPI de Zas Zas A Coruña
IES Maximino Romero de Lema Zas A Coruña